Instrución sobre utilización da Tarxeta Metropolitana de Galicia Xente Nova (TMG Xente Nova)

Dende a Dirección Xeral de Mobilidade fannos chegar, como empresa prestameira de servizos de transporte público de persoas incluídos no ámbito do Plan de Transporte de Galicia, as seguintes indicacións sobre o uso da TMG Xente Nova:

  • Só pode ser titular da TMG Xente Nova unha persoa con idade comprendida entre os 4 e os 18 anos de idade, ambos os dous incluídos.
  • Non obstante o anterior, a persoa titular pode aboar a súa viaxe e simultaneamente pagar os billetes doutras persoas que a acompañen. Neste caso, unicamente a primeira das cancelacións que se efectúen dará lugar á bonificación e ao reintegro do prezo do billete, o resto serán pagadas con cargo ao saldo da tarxeta. Esta práctica non constitúe, xa que logo, un uso fraudulento nin inadecuado da tarxeta.
  • Agás no suposto anterior, o uso dunha TMG Xente Nova por unha persoa distinta da súa titular dará lugar á súa anulación.
  • Para comprobar que, efectivamente, a persoa que está a facer uso da tarxeta é a súa titular, aquela está obrigada a amosarlle ao persoal da empresa un documento acreditativo da súa idade e identidade (DNI ou análogo).
  • Naqueles casos en que se detecte un intento de empregar a TMG Xente Nova por parte dunha persoa distinta do seu titular, a empresa deberá tomar nota da tarxeta afectada e dar traslado desta información á Dirección Xeral de Mobilidade para os efectos oportunos.

Segundo nos indican dende a Dirección Xeral de Mobilidade, esta instrución adóptase ao abeiro da habilitación contida na disposición derradeira primeira da Orde do 8 de agosto de 2016 pola que se regula o establecemento dunha tarifa específica para a xente nova no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia (DOG n.o 161, do 26 de agosto).

Coñece os detalles accedendo a esta ligazón TARXETA METROPOLITANA DE GALICIA XENTE NOVA na que obterás respostas a preguntas como:

  • Que é?
  • Quen a pode utilizar?
  • Como conseguila?
  • Como recargala?
  • Como viaxar con ela?
  • Recomendacións
  • Bonificacións

TMG XENTE NOVA

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>